Se sodes un grupo de polo menos 20 persoas podedes beneficiarvos das condicións especiais para grupos nas visitas guiadas. 

Lembra que debes realizar a reserva con, polo menos, unha semana de antelación. Só poderemos aplicar as condicións especiais se a reserva realízase con antelación, nunca no despacho de billetes físico do Mosteiro. 

As visitas realízanse de mércores a domingo dentro do horario habitual. 

Horarios das quendas de visita: 

11:30 13:00 16:30 18:00  19:30 

Se queres realizar a visita fóra destes días, por favor, contacta connosco e tentarémolo. 

Para realizar a túa reserva cobre o formulario e envíanolo a: visitas@mosteirodeoia.com 

Condicións xerais: 

Duración da visita: 1 hora aproximadamente 

A visita inclúe ao acceso á exposición “Os presos do Mosteiro. Memorias da Guerra Civil española” 

Non se poderán modificar os datos do grupo no propio mosteiro: no caso de redución do grupo non se realizarán devolucións. Pola contra, se o grupo é maior do inicialmente contratado abonarase a tarifa xeral (6€) aos novos integrantes. 

No caso de grupos de menores ou estudantes requirirase a presenza dun profesor ou titor. 

Rógase puntualidade. Se o grupo tarda máis de 30 minutos en presentarse á visita, esta quedará cancelada.