Visitas e eventos
Desde 2005 o Mosteiro foi accesible ao público en diferentes ocasións, como durante a celebración do 75º Aniversario da súa declaración como BIC (Ben de Interese Cultural) no ano 2006 e, despois, grazas á colaboración de ACAMO (Asociación de Amigos do Mosteiro de Oia) cuxos voluntarios mostraban o Mosteiro a todo aquel que o solicitase.
2019 será o inicio dunha dinamización cultural activa e organizada contorna a visitas guiadas e diferentes eventos de valorización: charlas, talleres, concertos etc.
Para canalizar a abundante acción social do grupo creouse a Fundación Bretal que desde 2021 é a responsable de, entre outras cousas, xestionar a actividade cultural do Mosteiro.
Podes comprar as túas entradas para visitar o Mosteiro ou asistir a algún dos eventos aquí….