O 3 de outubro de 2024, a Fundación Bretal e o Real Mosteiro de Oia renderon unha emotiva homenaxe a Juan Martínez Domínguez, fundador de Vasco Galega, hoxe MARE, coa entrega do VI Recoñecemento Real Mosteiro de Oia. O acto, celebrado na sede de Afundación Vigo, coincidiu co vixésimo aniversario da adquisición do emblemático Mosteiro de Oia por parte de Martínez, un fito que marcou o inicio do seu compromiso coa conservación do patrimonio cultural galego.
A cerimonia formou parte da programación de actividades da exposición «Un Mosteiro, un mar de historia(s)», que estivo aberta ao público ata o pasado 5 de outubro. A mostra destacou a relevancia histórica e arquitectónica do Mosteiro de Oia, único do Císter situado a beiras do Atlántico, e o seu papel como testemuña de acontecementos desde a Idade Media ata a actualidade.
Juan Martínez, ao adquirir o Mosteiro en 2004, sentou as bases dun proxecto que foi recoñecido como exemplo de responsabilidade social corporativa. Ao longo do últimos vinte anos, traballou a través da Fundación BRETAL na conservación e promoción deste monumento declarado Ben de Interese Cultural en 1931. O seu labor foi clave na divulgación da historia do Mosteiro e no fortalecemento do vínculo entre o patrimonio cultural e a comunidade.
Este recoñecemento foi o colofón a unha serie de actividades que resaltaron a contribución de Martínez na preservación dun dos símbolos máis importantes do patrimonio galego.









