OUTONO NO MOSTEIRO

Ven a disfrutar da cor desta estación no Mosteiro

Convidámosvos a vivir experiencias moi singulares nunha contorna de máis de 800 anos de historia. Por primeira vez, o Mosteiro será o escenario dun ciclo de actividades pensadas para gozar en familia nun patrimonio único.

CINE CON CASPERVEK

Sábado 12 de OUTUBRO – 17:30 hrs

AS AVENTURAS DO PRÍNCIPE ACHMED, Alemaña, 1926

Con Laura Lorenzo ( flautista principal da Nova Orquestra Nacional de España)

A primeira película de animación da historia, obra da pioneira cineasta alemá, Lotte Reiniger. Desenvolta cunha particular técnica de figuras recortadas baseada nos teatros de sombras orientais, “As Aventuras do Príncipe Achmed” é un atemporal conto de aventuras baseado en varios dos relatos incluídos en “As Mil e Unha Noites”.

Sábado 9 de NOVEMBRO – 17:30 hrs

A PANTASMA DA ÓPERA, Estados Unidos, 1925

Con Beatriz Areas (soprano internacional) Primeira adaptación ao cinema do clásico de Gaston Leroux. Esta versión protagonizada por Lon Chanley foi a película de maior orzamento da súa época e, tanto a incrible maquillaxe e caracterización do seu protagonista como os seus maxestosos decorados e recreacións da Ópera de París e as Catacumbas inspiraron decenas de producións cinematográficas das décadas posteriores, constituíndo o primeiro arquetipo do terror gótico contemporáneo.

Sábado 7 de DECEMBRO – 17:30 hrs

O MODERNO SHERLOCK HOLMES, Estados Unidos, 1924

Falar de Buster Keaton é falar do rei da comedia física. En “O moderno Sherlock Holmes”, Keaton realiza unha aguda parodia das películas e novelas de detectives, xa moi en boga na década dos 20. Supón, como case todas as súas películas, un carrusel de gags e sketches desternillantes e unha proba máis da súa habilidade, non só para o humor, se non tamén para a realización de incribles escenas de risco, que Keaton sempre realizou sen dobres.

Reserva a túa entrada AQUÍ.

OBRADOIROS CON FAIA

VISITA Á HUERTA MONACAL E TALLER DE COSMÉSTICA

Reproduciremos a actividade do monxe boticario. Goza preparando as túas propias cremas hidratantes, bálsamo labial ou auga de colonia. Trae caderno e bolígrafo para apuntar as receitas e algún pequeno tarro de cristal para levarche unha mostra.

Sábado 26 de outubro – 11:00 a 13:30 hrs

Elaboración de ungüentos, para diferentes tipos de pel e afeccións, a partir de plantas e herbas da contorna do Mosteiro. Preparación de barra de beizos.

Sábado 30 de novembro – 11:00 a 13:30 hrs

Elaboración de augas florais e hidrolatos, partir de plantas e herbas da contorna do Mosteiro. Preparación de colonias e perfumes.

Sábado 14 de decembro – 11:00 a 13:30 hrs

Elaboracións de xabóns para uso persoal. O xabón de Alepo e o xabón de sabugueiro.

Reserva a túa entrada AQUÍ.

(Non recomendado para menores de 6 anos. Os menores deben ir sempre acompañados dun adulto)

CURSO DE ESGRIMA ANTIGA COA SVEA

Ven a practicala en familia e xuntos lembraremos como se defendían os monxes dos piratas.

Curso de dous días: domingos 13 e 20 de outubro – 11:00 a 13:00 hrs

Curso de dous días: domingos 3 e 10 de novembro – 11:00 a 13:00 hrs

Reserva as túas entradas AQUÍ.