Mostra permanente
“OS PRESOS DO MOSTEIRO. MEMORIAS DA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA”. Campo de concentración do bando sublevado.
No mes de novembro de 2019 inauguramos a mostra sobre os famosos grafitos dos presos republicanos que habitaron o Mosteiro durante a súa fase como Campo de Concentración do bando sublevado, entre os anos 1937 e 1939.
Estas inscricións realizadas a lapis nas paredes do piso superior levaban máis de 80 anos ocultos ao público, soportando unhas condicións de humidade e intemperie que poñían en perigo a súa pervivencia.. Así, tras un longo proceso que comezou en 2005, desde a compra do mosteiro pola actual propiedade, e que pasou pola reposición de tellados, o seu estudo e documentación e, por fin, por un delicado proceso de restauración no ano 2019, hoxe é posible contemplar os chamados “ Guernicas de Oia”
Podemos dicir que se trata dun dos traballos máis importantes feitos en Galicia pola recuperación da memoria histórica.
Foron recuperados máis de 100 fragmentos, que irán rotando anualmente na mostra permanente habilitada nunha das salas monumentais do edificio.
Mostra permanente
A mostra é permanente e está incluída dentro da visita guiada ao Mosteiro. Non se poderá visitar de forma independente senón como parte do percorrido da visita guiada
Ven a visitala e vive unha experiencia que non che deixará indiferente.