1149

Primeiro documento fiable. Doazón real de Afonso VII, quen concede Mougás, Viladesuso e Pedornes aos monxes de Oia.  

1185

Súmase á Orde do Císter

1201

Doazón real Afonso IX: igrexa de Baiona e exime ao mosteiro de pagar tributo no seu porto. Primeira alusión á cría de cabalos salvaxes nos montes de Oia.

1228

Afonso IX dóalle a illa máis ao sur das Illas Cíes (San Martín)

1231

Fernando III, xunto coa súa muller dona Beatriz e os seus fillos, e co consentimento da súa nai dona Berenguela, confirma ao mosteiro de Santa María de Oia tódalas herdades, igrexas, doazóns, liberdades e privilexios que lles foran concedidos por Afonso VII, Fernando II e Afonso IX.

1280

O rei de Portugal Dionisio I tómaos baixo a súa garda e protección xunto con tódalas súas propiedades en Portugal.

1547

Último mosteiro galego en incorporarse á Congregación de Castela da Orde Cisterciense, quedando baixo o seu control.

1624

Famoso combate contra piratas turcos e bérberes. O Rei Felipe IV concédelles en recoñecemento o título de Real e Imperial Mosteiro de Oia.

1739

Fin das obras das dúas coxías ou ás do Patio das laranxeiras

1740

Fin da obra da nova fachada da igrexa (actual)

1835

Desamortización de Mendizábal. O mosteiro póxase en lotes. Adquíreo un veciño de Madrid. Fernando Fernández Casariego por 200.000 reais.

1870

Véndello ao veciño de A Guarda, Bernardo Alonso por 1.000.000 de reais.

1910

Alúgase ao Xesuítas expulsados de Portugal. Serán expulsados de España en 1932.

1937-1939

O Mosteiro utilizase como cárcere para os presos republicanos da Guerra Civil

1945

Adquíreo a familia Bouso por 60.000 pesetas.

1969

Fílmase a película Esa mujer de Mario Camus, con Sara Montiel como protagonista.

1974

Véndeselle a José González García por 6.400.000 pesetas

1989

Adquíreo o grupo asturiano Corporación Massaveu por 261.000.000 pesetas.

2000

Véndenllo a Toja, S.A. (Banco Pastor) por 200.000.000 pesetas

2004

Vasco Gallega adquire o Mosteiro de Oia por 2,4 millóns e crea a Sociedade Real Mosteiro de Oia

REAL MOSTEIRO DE OIA

Noticias

O Mosteiro como inspiración

O evento «O Mosteiro como inspiración», celebrado o pasado 17 de setembro, reuniu a…

Historia dun mosteiro singular: Santa María a Real de…

A doutora en Historia da arte e correspondente académica da Real Academia da Historia,…

VI Recoñecemento Real Mosteiro de Oia: Juan Martínez Domínguez

O 3 de outubro de 2024, a Fundación Bretal e o Real Mosteiro de…