A FUNDACIÓN BRETAL ANUNCIA “UN MOSTEIRO UN MAR DE HISTORIA(S)” UNHA EXPOSICIÓN DIVULGATIVA SOBRE O PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DO REAL MOSTEIRO DE OIA E O SEU FUTURO SOSTIBLE

A exposición tendrá lugar do 11 de setembro ao 5 de outubro de 2024 na sede Afundación de Vigo. Rúa Policarpo Sanz, 26.

HORARIOS: De luns a sábados, de 17h30 a 20h30 // domingos e festivos cerrado

ENTRADA DE BALDE (ATA COMPLETAR AFORO)

  • “UN MOSTEIRO, UN MAR DE HISTORIA(S)” pon en valor o patrimonio do Real Mosteiro de Oia, o único da Orde do Císter situado na costa atlántica.
  • A mostra percorre 875 anos -desde o s. XII ata o s. XXI- desvelando por primeira vez episodios descoñecidos do Mosteiro e da propia historia de Galicia.

A exposición “Un Mosteiro, un mar de historia(s)” ofrece en primicia en Vigo unha experiencia única e dirixida a todos os públicos que explora a grandeza do Mosteiro cistercense de Santa María de Oia (Pontevedra), singular pola súa riqueza patrimonial e polo seu emprazamento, xa que é o único mosteiro do Císter situado á beira do océano Atlántico.

A exposición, en colaboración con Rodríguez + Pintos Arquitectos, Xunta de Galicia e Afundación, a Obra Social ABANCA, terá lugar do 11 de setembro ao 5 de outubro na sede viguesa de Afundación, onde se mostrará con profundidade e de forma innovadora a historia deste monumento que é historia de Galicia, promovendo o seu valor histórico-artístico e fomentando o enriquecemento do tecido cultural do territorio ao que pertence.

“Un Mosteiro, un mar de historia(s)” presenta o Real Mosteiro de Oia (Ben de Interese Cultural desde 1931), como punto focal de acontecementos desde o medievo ata a época contemporánea, destacando a súa relevancia arquitectónica e relación co territorio. O seu legado cobra vida nesta proposta promovida por Grupo MARE -propietario do Mosteiro desde 2004- a través da Fundación Bretal, apostando por unha xestión baseada na conservación, a divulgación do patrimonio, e a posta en valor a través do territorio e a cultura.

Real Mosteiro de Oia: 875 anos de historia, catro narrativas, tres eixos temáticos

Dirixida a públicos diversos, a exposición “Un Mosteiro, un mar de historia (s)” ofrece catro apaixonantes narrativas que profundan con rigor científico na historia posibilitando un achegamento intelectual, potenciando unha experiencia sensitiva e buscando estimular ao visitante desde un novo carácter interactivo.

A exposición permite coñecer o pasado, presente e futuro do Mosteiro e organízase ao redor de tres eixos temático-temporais. En primeiro lugar, atende os séculos de actividade monacal (s. XII e XIX), seguido da época posmonacal (séculos XIX e XX) e, por último, un terceiro ámbito titulado “Renacer”, que expón o futuro proxecto do Mosteiro como hotel.

De entrada gratuíta e deseñada para o goce de todos os públicos, esta exposición comparte 875 anos de historia e propón un futuro por descubrir.

Programa de actividades

Un programa de actividades paralelas complementa e amplía os contidos tratados na exposición. Tendrán lugar entre o 11 de setembro e o 3 de outubro.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES

17/09 19.30h. CONVERSA: O Mosteiro como inspiración
Iria Morgade, escritora; Carla Andrade, artista visual; Fran Núñez, director del Centro Dramático Galego y Julio Gómezco-director de Sinsalaudio, compartirán diferentes experiencias creativas en las que el Mosteiro de Oia ha tenido un papel determinante. Moderado por Xoán Martínez, director del Real Mosteiro de Oia.
Sala de conferencias. Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.
Entrada libre hasta completar aforo.
Iria Morgade, escritora; Carla Andrade, artista visual; Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego e Julio Gómez, co-director de Sinsalaudio, compartirán diferentes experiencias creativas nas que o Mosteiro de Oia tivo un papel determinante.
Moderado por Xoán Martínez, director do Real Mosteiro de Oia.
Sala de conferencias. Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.
Entrada libre ata completar aforo.

18/09 19.30h. PRESENTACIÓN OFICIAL: Proxecto de Restauración, Rehabilitación e Ampliación do Real Mosteiro de Oia
Con Santiago Pintos, Rodríguez + Pintos Arquitectos; Sarah Barbará, responsable da dinamización cultural do Real Mosteiro de Oia e Xoán Martínez, director do Real Mosteiro de Oia. Moderado por Lara Graña, redactora xefa do Faro de Vigo.                              
Tres séculos despois do seu último desenvolvemento arquitectónico chega o momento de vivir o nacemento dunha nova etapa para o Mosteiro tras 20 anos de traballo da actual propiedade. Un momento histórico e un proxecto hostaleiro único, que ten como eixo a sustentabilidade económica, social e ambiental.
Auditorio. Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.
Entrada con inscrición previa ata completar aforo na seguinte ligazón: inscribite aquí            
        
 26/09 19.30h. RELATORIO: Historia dun mosteiro singular: Santa María a Real de Oia
Un relatorio de natureza histórico-artística no que Carmen Manso Porto, doutora en Historia da arte, analizará o desenvolvemento do conxunto monacal ao longo dos séculos, con especial atención a espazos como o claustro renacentista e outras dependencias edificadas no Patio dos Naranjos no s. XVIII, destacando a singularidade do mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Oia.
Sala de conferencias. Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.
Entrada libre ata completar aforo.

03/10 19.30h. ACTO: VI Recoñecemento Real Mosteiro de Oia: Juan Martínez Domínguez 
Este recoñecemento, o ano no que se celebra o 20 aniversario da adquisición do monumento, será entregado a Juan Martínez Domínguez (fundador de Vasco Galega, hoxe MARE) quen iniciou o reto de recuperar o Mosteiro como patrimonio de todos. Destácase o seu labor, dedicación e contribución significativa ao único mosteiro do Císter a beiras do océano Atlántico.
Sala de conferencias. Sede Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 26.
Entrada libre ata completar aforo.

Créditos

Promove: Fundación Bretal e Real Mosteiro de Oia

Coa colaboración especial de: Rodríguez + Pintos Arquitectos, Xunta de Galicia e Afundación, a Obra Social ABANCA

Coa colaboración de: Xunta de Galicia e Afundación, a Obra Social ABANCA

Dirección e comisariado: Sarah Barbará

Información para o público

EXPOSICIÓN: “Real Mosteiro de Oia. Un Mosteiro, un mar de historia(s)”

DATAS: Do 11 de setembro ao 5 de outubro de 2024

SALA: Sala de Exposicións I da Sede Afundación, Vigo. Rúa Policarpo Sanz, 26.

HORARIOS: De luns a sábados, de 17h30 a 20h30 // domingos e festivos cerrado

ENTRADA DE BALDE (ATA COMPLETAR AFORO)