ESTAMOS DE VOLTA! CON VISITAS GUIADAS E A NOVA PROGRAMACIÓN CULTURAL 2020!

Tras unha espera que fíxose moi longa, por fin podemos abri-las portas do Mosteiro de Oia neste 2020. Tras meses de traballo voltamos cunha programación cultural incrible. 

Este ano nas visitas guiadas poderase disfrutar tambén da mostra “Os presos do Mosteiro. Memoria da Guerra Civil Española” que os presos republicanos deixaron como testigo  nas paredes do Mosteiro entre os anos 1937 e 1939. 

Traemos unha axenda repleta de eventos como A Emoción dos viños, a efeméride pirata ou a celebración do Dia das Letras Galegas. Tamén volven as Conversas que arroxan claridade sobre este Ben de Interés Cultural e, por suposto, os Solpores, concertos únicos regado cunha copa de viño mentres se pon o Sol, co Océano e o Mosteiro coma testigos. 

Non o podes perder!