Convidámosche a mergullarte nunha experiencia única coa exposición virtual “Un Mosteiro, un mar de historia(s)”, que percorre 875 anos de historia do Mosteiro de Santa María de Oia. Este impresionante monumento, situado a beiras do Atlántico, espérache para descubrir os seus segredos, desde a súa fundación no século XII ata o seu emocionante futuro como hotel.

A través de catro fascinantes narrativas e tres eixos temáticos, explorarás a vida monacal, a súa época como vivenda tras a desamortización ou o seu pasado como cárcere franquista. Ademais, coñecerás os plans de rehabilitación que aseguran un novo renacer para este tesouro arquitectónico.

A exposición física púidose visitar na sede de Afundación en Vigo do 11 de setembro ao 5 de outubro. Agora, podes acceder á súa versión virtual, deseñada para todos os públicos, onde a historia de Galicia entrelázase coa dun dos seus monumentos máis emblemáticos.

Ademais, poderás revivir sempre que queiras as actividades paralelas que levamos a cabo, durante o período da exposición, a través das ligazóns para complementar e ampliar os contidos da mostra.