Que ocorreu ata o de agora?

UN PERÍODO DE MOITOS ESFORZOS E POUCOS AVANCES CARGADO DE APROBACIÓNS TÉCNICAS E BLOQUEOS POLÍTICOS

2004

Novembro. Vasco Gallega adquire o mosteiro por 2,4 millóns de €

2004

Vascogallega adquire o mosteiro nun estado de urxente necesidade de reparación e mantemento

2005-2006

Acométense os primeiros traballos de desescombro, reposición de cubertas caídas e apuntalamento de fachadas.

2009

Segunda intervención nas cubertas

2010

Reposición da parede perimetral

2016

Traballos de reposición para o tellado e muro cara ao sur

2017

Muro de contención que enfronta o mar

2018

Retirada da cuberta do Ala Norte colapsada

2019

Unha nova etapa. Reapertutra das visitas guiadas. Novos traballos de mantenemento.

Dinamización cultural e posta en valor da súa historia. 2005-2019

Promoción do Camino Portugués pola costa (2005 e 2006)

Organizouse xunto a Amigos dos Pazos varias xornadas de peregrinación para percorrer o tramo A Guarda – Vigo, dividido en 4 etapas de 15 km cada unha. Co obxectivo de lograr o recoñecemento oficial como Camiño de Santiago, o cal se terminou logrando en 2015.

Verán 2005: Traballos de documentación histórica.

“Historias Vivas. A memoria do pobo” Sarah  Barbará.
Entrevistáronse a 4 veciñas de Oia que contaron os seus recordos sobre o Mosteiro:  Luz Divina Pereira Velasco,  Raquel Estévez,  Esther Estévez,  Pura Granxa.

Este traballo está  incluído no fondo de Historial Oral da Guerra Civil. Proxecto de Investigación  Interuniversitaria “As vítimas, vos nomes,  as voces”  Universidade de Santiago de Compostela.

 

Celebración do 75º Aniversario da declaración BIC do mosteiro (2 e 10 de xuño de 2006)

O 2 de xuño celebrouse unha xornada de relatorios sobre o Mosteiro levadas a cabo por personalidades tanto do Ministerio de cultura, como de Patrimonio da Xunta, Catedráticos de Historia e técnicos do Real Mosteiro de Oia.

A celebración continuou o 10 de xuño de 2006  con máis relatorios e a primeira apertura ao público por primeira vez na historia do mosteiro de Oia.

Aperturas Mosteiro dende 2006 ata 2016 con previa reserva

Grabacións de películas, series e documentais, dende o ano 2005 ata hoxe

O proxecto

O noso proxecto baséase na sostibilidade: no equilibrio entre o máximo respecto ao patrimonio e a rendibilidade económica, entre a dinamización social e cultural e a posta en valor dun activo único.

Desde o inicio, tanto as autoridades como a propiedade tiñan claro que o marco urbanístico actual non permitía a viabilidade económica da rehabilitación do mosteiro como negocio hostaleiro, xa que non é posible rendibilizar así o forte investimento necesario na rehabilitación dos 7.500 m2 construídos e protexidos como BIC e os 57.000 m2 da propiedade.

Por iso, en 2004, acordouse coa Administración Local e Autonómica que o proxecto se encaixaría dentro do novo Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM) de próxima aprobación por aquel entón, ao resultar imposible encaixar o desenvolvemento proposto nun plan urbanístico obsoleto creado en 1996.

Este PXOM permitiría ofrecer ata 72 habitacións para uso hostaleiro, e a construción de 20 edificacións na zona da Rifa cuxa tipoloxía e altura adáptase obrigatoriamente á xa existente nas edificacións lindeiras: hotel, centro de saúde, colexio, gardería e vivendas.

O proxecto proposto pola propiedade.

1. Zona verde de uso público e vertebradora da contorna. Facilita a visión do mosteiro.

2. Peche do patio das Laranxeiras como estaba previsto polos monxes para lograr de 38 a 72 habitacións.

3. Zona de vivendas no perímetro norte dos 57.000 m2 de propiedade lindeira coas vivendas existentes, con autorización preliminar da Administración Autonómica.



Durante os anos seguintes evidenciouse que finalmente a opción do PXOM non era viable, e por iso en 2011 asínase un Convenio Urbanístico co Concello que definirá o proceso para seguir para dar encaixe urbanístico ao proxecto do Mosteiro. Este documento, con total validez legal e amparado polos servizos técnicos do  Concello, é aprobado polo Pleno Municipal.

Tras uns anos de parálises no proxecto, actualmente a propiedade atópase traballando estreitamente coa Administración local e autonómica para pechar o encaixe normativo do proxecto e facer algo histórico: rehabilitar o mosteiro, dotándoo de vida, e revitalizando a súa contorna.

Se queres saber máis, non dubides en poñerche en contacto connosco.

Se queres achegar ideas, coñecemento ou historias ao redor deste lugar único, conta connosco.

Correo electrónico de contacto: info@mosteirodeoia.com