Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Antón Fraguas, escritor, historiador, antropólogo e, sobre todo, destacado etnógrafo. Para conmemoralo, dende o Mosteiro de Oia, daremos a coñecer da man dalgúns veciños e veciñas as apaixonantes historias e lendas de Oia.
É preciso reservar praza, posto que o aforo é limitado: na Oficina de Turismo de Oia ou escribindo un e-mail a info@mosteirodeoia.com indicando nome, apelidos e teléfono.
A entrada terá un custe de 3 euros por persoa.
Esperámoste para pasar unha agradable velada no Mosteiro.
